O programa europeo Grundtvig ten como socios a grupos da República Checa, de Francia, de Monterroso (Lugo) en de Ourense. A pesares de que vai dedicado aos adultos nos centros penitenciarios, no caso ourensá é unha excepción porque os seus receptores son os rapaces dos centros de menores e xuvenís de Montefiz e Monteledo. A coordinadora é Paula Lamelo. Forman o equipo Pati Ares, Pilar Quevedo, Jacqueline Agrelo e Antonio Veloso. O título deste proxecto é Corazón lejano e semella estar dando bo resultado.
-¿Que se pretende con esta iniciativa?
-No noso caso axudar a que eses rapaces de entre 16 e 20 anos adquiran medios de mellorar os seus coñecementos e competencias. Tamén se trata de mellorar a calidade e aceso á mobilidade en Europa, mellorar a cooperación entre as organizacións que participen na educación de adultos en Europa...
-¿Como traballan neste proxecto?
-Potenciamos a autobiografía como medio de retroproxección con persoas privadas de liberdade por estaren internas, ben en centros de menores como é o caso que nos ocupa. Desde o Centro de Educación Permanente de Adultos de Ourense predispomos unha actividade autobiográfica dentro do centro para favorecer a reflexión sobre o pasado e reprantexar o futuro máis aló dos barrotes.
-A escritura en lugares como o cárcere, etc.. seica axuda.
-Nos lugares de reclusión a escritura da creatividade e iso axuda a sobrevivir e a procurar un espazo de liberdade. Convértese nun instrumento de novos rumbos e novas formas de expresión do propio ser.
-¿Que farán con eses escritos dos rapaces?
-O proxecto ten intención de reunir experiencias ata o de agora maduradas no cárcere ou nos centros de menores de aqueles que mediante a narración das súas vivencias no espazo pechado intentan dar ou ter unha expectativa ó seu futuro. Intentamos reunir eses mundos empregando varios instrumentos como o conto, a carta, a poesía, a fotografía, a música ou o vídeo para, ao final, preparar unha síntese do material reunido tanto en papel como en soporte multimedia para incluír na web.
-¿Cal é a duración do proxecto?
-Dous anos, comezou no curso pasado e o seu remate está previsto para o mes de maio, co final do presente curso académico.
-¿Que dirección dixital é a do blog onde van verter os traballos?
-É esta: http:/theheartfaraway.blogspot.com/ . A síntese do material que reunamos cando acabe o laboratorio autobiográfico ímola difundir na páxina do centro de Educación para Adultos: http://centros.edu.xunta.es/epapudeourense/