La Voz de Galicia

O Ciclo de Teatro Amador leva a Palas de Rei sete funcións

Palas de Rei

Laura López Lugo / La Voz
Presentación del ciclo de teatro de Palas de Rei

Os espectáculos terán lugar do 31 de outubro ao 23 de xaneiro

25 Oct 2021. Actualizado a las 11:04 h.

Do 31 de outubro ao 23 de xaneiro • Casa da Cultura de Palas de Rei • Entrada: 2 euros • 

Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal (primeira cita) desde este domingo, día 31, ata o domingo 23 de xaneiro, con diversas representacións programadas para as fins de semana, nas que se poderán ver a grupos galegos, socios de Feteagal (Federación Teatral Afeccionada de Galicia), pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur. Este ciclo está organizado por Feteagal en colaboración co Concello de Palas e o grupo local Metátese Teatro. O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o presidente da Feteagal, David Vázquez Nóvoa; o socio fundador, Valentín Varela López; o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas, e membros de Metátese Teatro presentaron en Palas de Rei a programación deste ciclo teatral:

 

· Domingo 31 de outubro, 18.00h. Metátese Teatro, Detrás das máscaras

 

· 6 novembro, 20.00h. Oreteiro Teatro, Dúas pezas de microteatro

· 13 novembro, 20.00h. Cía Noite Bohemia, La casa de Bernarda Alba

 

· 20 novembro, 20.00h. La Locandiera (Madrid), El coleccionista de Mariposas

 

· 4 decembro, 20.00h. The-Sastre Teatro, Neve en Outono

 

· 22 xaneiro, 20.00h. Teatro Kumen (Asturias), La comedia de las mentiras

 

· 23 xaneiro, 20.00h. Delatoute Prod., Mi Gran Mansión

 


Comentar