La Voz de Galicia

A ANPA de Muimenta «ata as mans» para protestar polo inicio do curso escolar

Lugo

LA VOZ LUGO
Algunas de las imágenes compartidas en las redes sociales de la asociación

O colectivo lanzou unha campaña en redes para desaprobar os movementos da Consellería de Educación

26 Aug 2020. Actualizado a las 19:07 h.

A ANPA A Granda, da localidade lucense de Muimenta (Cospeito), pon en marcha una iniciativa reivindicativa para protestar contra a Consellería de Educación pola incerteza que provoca o inicio do curso escolar. A campaña consta dunha serie de fotografías nas que pais, nais e alumnos saen coas mans atadas, acompañadas nas redes sociais co cancelo #atadosdemans

Con este movemento preténdese denunciar «a sensación de abandono e desamparo» que aflixe a docentes e familias da vila. Os participantes no proxecto sinten que a Consellería non atende as súas peticións e insiste en manter «unha volta ás aulas temeraria». Ademais, dende a asociación consideran que «a Xunta está tomando decisións unilaterais» sen darlles «oportunidade de decidir, opinar e negociar». 

Na corrente tamén participaron rostros coñecidos como os compoñentes do grupo musical Mamá Cabra ou o cantautor infantil Paco Nogueiras. Dende a plataforma convidan a todos aqueles afectados que o desexen a sumarse á iniciativa e «inundar as redes» con máis imaxes de mans atadas.


Comentar