TEMA Consellería de Educación

Últimos artículos publicados

16 feb 2024

José Manuel Núñez en «De 0 a 100»: «Hai moitos chourizos no Reino Unido»

55 anos de historia en constante evolución que foron resumidos polo conselleiro delegado de Torre de Núñez no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo grazas ao programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación. A empresa naceu con Manuel Núñez e Asunción Torre indo casa por casa polas matanzas. Recollían os mellores produtos e vendíannos nas feiras. En moitas. En Galicia e nas comunidades limítrofes. Co paso do tempo completaron o negocio cun hotel na cidade luguesa. No século XXI convertéronse en fabricantes e foron medrando ata chegar ás actuais cifras de negocio. Son líderes en vendas de produtos cárnicos do porco no noroeste peninsular e pecharon o 2023 con 40 miilóns de euros de facturación. Ademais da sede en Conturiz, na cidade amurallada, as súas instalacións de O Corgo teñen capacidade para secar a abraiante cifra de máis de medio millón de xamóns cada ano. Actualmente case 2 de cada 10 produtos que venden, fanno no estranxeiro. E o obxectivo é seguir aumentando as cifras de negocio, a pesares de que o aumento de custo das materias primas nos últimos tempos non llo pon fácil. «Para nós o aumento dus custos está no 22% e tan só subimos as nosas tarifas un 8%», indica José Manuel Núñez, director xeral da empresa.

Iago García / Senén Rouco / Álex López-Benito