La Voz de Galicia

A escritora Laura López Drusetta presenta en Monforte a súa obra «Todo pasa»

Monforte de Lemos

Laura López Drusetta (no centro) cun exemplar da súa obra nun acto de presentación organizado pola Fundación Vicente Risco en Ourense

Foi galardoada o pasado ano co premio de novela curta Antón Risco

29 Jan 2025. Actualizado a las 13:06 h.

A escritora Laura López Drusetta presentará este venres en Monforte a súa obra Todo pasa, que gañou o ano pasado o premio Antón Risco de novela curta. O acto terá lugar na librería Agrasar e contará coa participación de Paula Martínez García — profesora de lingua castelá e literatura no instituto monfortino Río Cabe— quen ofrecerá unha reflexión sobre a novela e a súa relevancia literaria. A presentación do libro comezará ás 20.00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

A novela Todo pasa foi publicada na colección literaria «Dr. Alveiros», na que colaboran a Fundación Vicente Risco -que concede estes premios- e a editorial Urco. A obra, sinalan os organizadores do acto, «destaca como un exemplo brillante de narrativa breve en lingua galega, reafirmando a importancia do premio Antón Risco na promoción de novas voces literarias».

 


Comentar