Numerosas personas asistiron na praza do Piñeiro á inauguración da esculltura Severino Rodríguez cualificou ao falecido mandatario como «monfortino paradigmático»
17 Mar 2007. Actualizado a las 06:00 h.
? antigo alcalde de Monforte Celestino Torres Rodríguez, falecido no 2005, xa ten unha estatua á súa memoria na cidade. Numerosos veciños asistiron onte na praza do Piñeiro, no barrio dos Chaos, á inauguración do monumento creado por suscrición popular, situado non moi lonxe do último domicilio do homenaxeado.
O acto celebrouse sobre as dúas tarde, cun pouco de retraso sobre o horario inicialmente previsto, e contou coa participación dos familiares máis directos do antigo alcalde e deputado. Un dos seus fillos, chamado igualmente Celestino Torres, tomou brevemente a palabra para agradecer con emoción a homenaxe. Outro fillo, Iván Torres, encargouse de descubrir a escultura, cuberta cunha bandeira galega. Falou tamén o escultor Secundino Rivera, quen quixo dedicar a obra «a todos os nenos de Monforte, porque Celestino Torres é un exemplo de dignidade e de conduta na vida». O artista, que coñeceu persoalmente a Torres, afirmou tamén que se esforzou especialmente por reproducir coa máxima fidelidade o modelo.