La Voz de Galicia

A PELO

Lemos

CARLOS CORTÉS CONTRAPUNTO

03 Oct 2001. Actualizado a las 07:00 h.

«Se os homes parisen, a epidural sería obrigatoria». É a frase que resume o que sinten moitas das mulleres ás que lles toca parir a pelo, víctimas colaterais da política de contención do gasto sanitario. Este lamento vaise escoitar un pouco menos en Monforte a partir de agora. Costou, pero ó final o Sergas convenceuse de que o século XXI tamén ten que chegar ó paritorio do hospital comarcal. Por moitos anestesistas que haxa que contratar.


Comentar