Nestes días ten un problema engadido que é o realoxo dos xitanos do Vao en Monte Porreiro, por parte do alcalde de Poio, do BNG, e da conselleira de Vivenda, tamén do BNG. Pero el asegurou que ata o día anterior non tivo coñecemento do que estaba a ocorrer no seu Concello. Opina que o seu homólogo incorreu en «falta de competencia territorial».
-Outra cousa. Cando convoca un pleno, ¿non se lle fai un nu por medo a que alguén lle falle? A oposición ten 13 e vostedes 14 edís.
-Aínda teño voto de garantía. E se se goberna con sentidiño consíguese o voto unánime da corporación.
-¿Con quen se entendeu mellor, con Juan Luis Pedrosa, Teresa Pedrosa, Telmo Martín?
-Indiscutiblemente con Juan Luis. Cando alguén está na oposición despois de ser alcalde ten unha visión distinta dun que non o foi.
-Entón con Teresa Pedrosa, peor, porque Martín tamén foi alcalde.
-Bueno, aínda non teño moita experiencia con Telmo Martín, pero a pouca que hai non é positiva.
-Cinco mandatos e medio no Concello. ¿Que fará no 2011?
-Non é o momento oportuno. Pero estou moi a gusto neste mandato. No 2010 me volves a facer a pregunta e che digo.
-¿Quedaríalle unha espiña se deixase a alcaldía sen solucionar o tema Ence?
-A verdade é que si. Porque é un tema de xustiza e que está perfectamente enfocado.