Secciones

Tu edición

Antifranquismo, espionaxe...

Manuel Gago escribe unha novela de ritmo cinematogrfico, que explora desde a ficcin sucesos do noso pasado recente, un libro que serve para gozar da lectura e tamn para entendernos a ns mesmos

La Voz de Galicia

Demorei moitos das a lectura desta ltima e voluminosa novela de Manuel Gago, talvez para gorentar aos poucos o que entendo como un proxecto narrativo cobizoso e, ao mesmo tempo, coherente e concibido como unha aposta consciente por ofrecer un traballo que exhibe un rexistro de trazo rpido e fludo, documentado con solvencia e que explora, desde a ficcin, motivos que latexan no noso pasado recente.

Con todo, son diversas as teselas que compoen esta coidada proposta en que a alternancia espacial que a estrutura -de Londres a Vigo, de Ponteceso ao Xistral, da Corua a Laxe entre outros lugares- resulta debedora, talvez, dunha inspiracin cinematogrfica que lle outorga indiscutible vivacidade. O mosaico que se obtn o espello dun exercicio que mira cara a atrs e rescata, como motivo literario, o mundo da resistencia armada contra o franquismo que se agocha, e que aqu cobra visibilidade, ao longo dos primeiros anos da dcada dos corenta. Vela, precisamente, as actividades dese exrcito de fume, cos seus propios conflitos e vicisitudes particulares; vela o universo dunha parte do movemento guerrilleiro galego abordado con plasticidade, marxe das sempre lcitas fronteiras que separan a ficcin, a realidade e a lenda.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

A carn deste vector, tan cheo de matices, a novela incorpora un asunto de extraordinario interese, que comeza a abordarse noutras propostas de ficcin recentes, como resulta a presenza dos nazis en Galicia e o seu asentamento, baixo a permisividade do rxime, en diversos lugares das nosas costas. Mais non s se atesouran aqu estes dous focos de interese, pois a novela manexa anda outros elementos que van conflundo entre si con habilidade, como o que se deriva do universo da espionaxe e da contraespionaxe en Galicia levado a cabo por das das potencias en guerra como foron Inglaterra e Alemaa, protagonizado por personaxes de carne e so, cheos de contradicins, que s veces se moven por instintos, que por veces son arrastrados a seren protagonistas de fazaas incribles por un afn de xustiza que nos fai pensar igualmente en heroes e heronas, que talvez o foron sen que nunca se lles recoecese: de mestras a canteiros ou de marieiros a labregos ata a presenza dun pintor chamado Lugrs, operativo para que o argumento anoe con solvencia algns dos seus fos e para simbolizar outro tipo de resistencias.

Nun mundo onde o manto do esquecemento anda oculta tantos acontecementos, se cadra O exrcito de fume constite unha das novelas mis precisas, e de satisfactoria lectura, para entendernos a ns mesmos.

Tags: Sucesos Cine Arte Literatura Londres Reino Unido Inglaterra Ponteceso Vigo ciudad
Ver Comentarios