La Voz de Galicia

Homenaxe por sorpresa de EU a Sari Alabau no Día da República

Ferrol ciudad

Ferrol / La Voz
Sari Alabau recibiu na homenaxe un cadro de Suso Basterrechea

Recoñeceuse así «unha traxectoria de compromiso coa sociedade»

16 Apr 2023. Actualizado a las 05:00 h.

Na celebración da Cea Popular Republicana, Esquerda Unida brindou este venres unha homenaxe por sorpresa á histórica Sari Alabau. Cerca de 70 persoas asistiron a este encontro no recinto de FIMO, «para recoñecer toda unha traxectoria de compromiso coa sociedade».

Participaron compañeiros de Esquerda Unida en Ferrol, Asfedro, Ferrol en Común, amigos e familiares nun acto que coincidiu co Día da República. A organización destacou «toda unha traxectoria exemplar, no humano e no político, no social e no familiar e sempre coherente e firme nos ideais, sempre sosegada e dialogante nas formas». E incidiu en que «é importante celebrar os valores do Día da República pero máis importante é poder celebrar ás persoas que loitaron por eles, coma Sari Alabau». Tamén Jorge Suárez indicou que «é de xustiza recoñecer a grande traxectoria de Sari», que recibiu un cadro de Suso Basterrechea.

E desde Asfedro, Tito Núñez referiuse a Sari Alabau como «a elegancia invisible». Nun vídeo tamén se amosou a loita da homenaxeada, desde a represión e cárcere padecidas polo seu papel nos feitos do 10 de marzo de 1972 ata a súa labor na democracia: nos Concellos de Narón e Ferrol, ou no colexio San Rosendo.


Comentar