La Voz de Galicia

A Feira do Libro de Ferrol logra un 63 % máis de asistentes que na edición anterior

Ferrol

Ferrol / La Voz
Feira do Libro de Ferrol

Cada libraría vendeu uns 300 exemplares

23 Apr 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Cun maior éxito de público que no ano pasado, a Feira do Libro de Ferrol finalizaba o domingo e este luns amosaba as seguintes cifras. Logrou un 63 % máis de asistentes que na edición anterior e cada libraría vendeu uns 300 libros.

Así o indican desde a Federación de Librarías de Galicia, que celebra que esta última cita no Cantón «fose todo un éxito con tres xornadas de literatura e moi bo tempo como mistura perfecta». Ás 27 sinaturas acudiron 250 persoas, e ás actividades máis de 500. Ao incremento de xente tamén axudou «o cambio de datas, precedendo ao Día do Libro».

As vendas foron duns 5.000 euros por cada libraría. E a Federación de Librarías amosa a súa «satisfacción».


Comentar