La Voz de Galicia

Tempos de pasividade

A Estrada

LORENA GARCÍA CALVO

O SOL | O |

13 Jul 2004. Actualizado a las 07:00 h.

RESÚLTAME incomprensible e mesmo frustrante ver como o que un día foi unha fronte de loita, ó cabo do tempo se queda en nada. A primeira vez que chegou ós meus oidos a situación pola que atravesaba a estación de autobuses da Estrada, non mo cría. Non pensaba que fose posible que algo polo que os veciños loitaran durante vinte anos, se deixase esmolecer pouco a pouco ata o punto de estar á beira do caos. Todos nós estámonos a converter día tras día en persoas máis cómodas, e o que un día foron loitas comúns agora non pasan de denuncias illadas. Nos tempos que corren, queremos as cousas, pero non estamos dispostos a movernos por elas. Unha vez que acadamos un certo estatus acomodaticio, conformámonos co que nos ven dado. A pasividade apodérase da nosa existencia e as reivindicacións semellan que mesmo nos veñen prefabricadas. A costume do mando do televisor exténdese cal pandemia a todos os ámbitos da nosa vida, e todo o que requira esforzo deixa de ser prioritario. A estas alturas o único ideal polo que todos seguimos loitando, imprímese en papel timbrado e chámase euro.


Comentar