Mouriscade acollerá un raid hípico o día 3
Deza
26 Jan 2008. Actualizado a las 02:00 h.
O Club Hípico Juan Oliveira de Mouriscade, en Lalín, acollerá o vindeiro día 3 de febreiro un raid hípico programado nun primeiro momento na localidade coruñesa de A Laracha. A imposibilidade dos coruñeses de organizar a competición fixo que se optase por trasladar a competición hípica a Mouriscade. Para o mes de outubro xa estaba programada a celebración no concello de Lalín doutra proba de raid.