La Voz de Galicia

«Imos ter un pregón de cegos con zanfoñas, como antes»

Deza

María Hermida lalín

Piloño reencóntrase este domingo coa súa feira tradicional na que haberá artesanía, carreira pedestre, e degustación da típica chula

24 Aug 2002. Actualizado a las 07:00 h.

A parroquia de Piloño ten cita coa tradición este domingo. Trátase dunha inciativa que levou a cabo a Asociación Feira do 21 para recuperar a súa histórica feira. Aínda que será unha festa da artesanía donde se reunirán a meirande parte dos artesáns da zona, tamén contará con parte gastronómica e festiva. -¿Como van os últimos preparativos para esta irmeira feira? -Moi ben. O máis importante é que toda a parroquia está completamente volcada no proxecto. Incluso os nenos contan os días para que chegue. -¿Que vai haber o domingo en Piloño? -Será por unha parte unha feira artesana porque vai haber stands de coiro, ferro..., despois temos a parte gastronómica coa degustación da chula , un stand de información turística e a carreira pedestre. ­­-¿Vai haber un pregón especial? -Si, xustamente o pregón vai ser o que una a antiga feira con esta. Vai ser un pregón de cegos, como antes. Vano dar Anxo Basterra e Iñaki Vilariño, da Compañía Seisidedos, e ademais van repartir follas de crimes pasionais e noticias como antigamente. -Aparte do pregón, que a asociación que a organiza e a propia feira se chamen o 21 xa recorda a antiga feira... -Si, porque antes celebrábase o día 21 e a partires de agora imos intentar celebrala ese día pero este ano non puido ser así. -¿Cando deixou de celebrarse a antiga feira? -As últimas foron a principios do século vinte. Onte aínda me atopei cun señor que viña vender os bois á feira de Piloño e nunha das feiras coñeceu a unha moza e o final casouse con ela.


Comentar