Cultura
02 Mar 2008. Actualizado a las 02:00 h.
Azalgar: úsase co significado de fartar na zona de Allariz.
?Bruso: no Barbanza, cepillo de man ou con mango para limpar o chan. Podería vir do anglicismo brush .
?Chiolo: carro, en Bergantiños.
?Conaipas: afeminado, en A Coruña.
?De a donas: xeito de montar as mulleres a cabalo con vestido e as dúas pernas a un lado. Na Terra Chá.
?Escornapitos: vacaloura, na comarca das Mariñas.
?Filusmía ou filusmías: individuo fraco que semella un espicho, pouca cousa.
?Librar a boira: expresión que indica acabar o que un está a facer. Úsase na comarca de Bergantiños.
?Marruxo: é un sinónimo de freixó ou filloa na Ramallosa (Nigrán).
?Palanquín: Preguiceiro, lacazán. O? Barbanza.?Parrumada: ademais de sinónimo de brétema, é unha sustancia mol, xeralmente con certo sentido pexorativo. Moraña e bisbarra.
?Portén: dise que alguén lle portén a unha persoa cando ten con ela lazos de consanguinidade. Cangas do Morrazo.
?Prevalicar: matinar cousas grandiosas e fóra de razón, e tamén é sinónimo de alucinar. Moraña e bisbarra.
?Raeiro: ademais de significar tomar o sol no inverno nun lugar que está abrigado dos ventos, dise do rapaz nugallán e mal guiado que se resiste a facer os traballos, desobediente. Moraña.
?Rebendiá, á: en Lugo a nas súas proximidades significa á competencia, á porfía. ?Xarbote: parvo, en Santo André de Xeve (Pontevedra).
?Xoula: cama ou leito na comarca de Bergantiños.