Ismael Galego expón no centro sociocultural de Baio
Carballo
A inauguración da mostra será este vindeiro luns, ás seis da tarde, con presenza do alcalde
01 Nov 2025. Actualizado a las 20:13 h.
Luns • O centro sociocultural de Baio acolle a segunda das mostras do ciclo de exposicións que pasará por esta instalación ata maio. Trátase dunha selección de obra de Ismael Galego (Agolada, Pontevedra), enxeñeiro de formación que descubriu na pintura a súa paixón. A Baio trae paisaxes e elementos emblemáticos de Galicia, como hórreos, festas, portas ou rúas, todo cunha técnica realista, avanza o Concello de Zas, que continúa así coa súa posta pola cultura e artes plásticas.
Galego propón unha viaxe por recunchos e a beleza da vida cotiá: «Unha homenaxe á terra, á tradición e á mirada curiosa». A inauguración será este luns, día 3, ás 18.00 horas, e estarán o propio pintor e mais o alcalde, Manuel Muíño. Visitas ata o 12 de decembro: de martes a venres (de 15.30 a 20.30) e os sábados (de 10.00 a 14.00).