Vigueret e a historia Badius, no instituto de Baio
Carballo
O presidente do grupo teatral avanzou que andan traballando nunha nova obra de Labarta Pose
16 Oct 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Ricardo Vigueret visitou o instituto Maximino Romero de Lema de Baio —do que foi docente— para dar a coñecer o seu libro Badius: historia dun grupo de teatro afeccionado (1984-2024), editado polo Concello de Zas. Presidente do grupo teatral, avanzou tamén que están a preaprar unha nova obra de Labarta Pose.
«Moitas grazas, Ricardo, polo teu laborioso traballo e moitas grazas tamén por contaxiar a túa paixón por esta arte ao alumnado do noso e do teu instituto co que ao longo dos anos preparaches tantas obras, converténdose nunha pequena canteira de talento que alimentou a Badius», referenciaron dende o centro educativo.