La Voz de Galicia

Dobre representación comarcal

Carballo

22 Jan 2015. Actualizado a las 05:00 h.

O actor vimiancés Vicente de Souza será o encargado de presentar a sesión do TEDxGalicia que terá lugar mañá en Carballo. Entre a ducia de poñentes que compartirán as súas ideas e experiencias atópase a pintora carballesa Milagros Cotelo. Tamén falarán María Castro, Lucía Santiago, Blanco Olivié, Jorge Cebreiros, Pedro Giménez, Ana Corredoira, Iván Gómez Caderno, Iñaki Quenerapu, Marcos e Enrique Saavedra e un representante da empresa Mutante Creativo. As entradas están agotadas desde hai días.


Comentar