Curso de galego para inmigrantes
Carballo
11 Feb 2014. Actualizado a las 07:00 h.
O Servizo de Normalización Lingüística de Carballo tamén organiza o curso de integración lingüística e cultural que dará comezo hoxe na capital bergantiñá. Trinta e oito persoas de dezasete nacionalidades diferentes participan nesta iniciativa que se desenvolverá no Pazo os martes e xoves de 17.30 a 19.30 horas.