Folk en directo no D'Antón
Carballo
A LARACHA | 23.00 HORAS
21 Jun 2007. Actualizado a las 07:00 h.
A música en vivo regresa esta noite ao escenario do pub larachés D'Antón da man do ciclo de actuacións impulsado pola Xunta. Nesta ocasión, o protagonista será o folk coa visita de Quempallou, un grupo nado en 1999 en Pontevedra e que presume de buscar os ritmos máis festivos dentro dos sons tradicionais.