La Voz de Galicia

Un farmacéutico noiés

Barbanza

PASTOR RODRÍGUEZ

Jovita Labarta non era só boticario senón tamén dono da fábrica de papel de Alvariza, herdada do seu pai

29 Oct 2022. Actualizado a las 05:00 h.

É grazas a Fernando Salgado, autor dunha boa serie xornalística publicada en La Voz de Galicia, Historias de Galicia, que logo recolleu en catro volumes, polo que coñecemos este boticario noiés, divulgador científico, e autor de traballos como Los pájaros, protectores de la agricultura, editado en 1872 na Gacetilla de Santiago, ademais doutro publicado no mesmo xornal sobre a extracción de resina. Cando Jovita Labarta publicou estes traballos vivía aínda en Noia, pero logo estableceuse en Compostela, onde a súa familia rexentaba unha droguería. En 1879 abre a súa propia farmacia, sendo administrador único do Gran Hospital Real e subdelegado de Farmacia. En 1912 comeza a ter problemas de pagamento co Hospital e a Deputación crea a súa propia farmacia no establecemento hospilatario.

Pero Jovita Labarta non era só boticario senón tamén dono da fábrica de papel de Alvariza, herdada do seu pai, o farmacéutico Tobías Labarta, e dunha fábrica de chocolate en Santiago. Faleceu en decembro de 1920 aos 85 anos dunha uremia. Non cita Salgado o que foi o folleto máis importante de Labarta: Envenenamiento de los vinos gallegos por la fuchsina, método fácil y al alcance de todos para descubrir esta grave falsificación, editado en Santiago en 1875, cando o autor tiña 35 anos. Esta publicación fora a memoria presentada na Exposición Rexional de 1875 en Compostela.


Comentar