María Xosé Alfonso: «Este é o executivo da falta de diálogo con parte da oposición»
Barbanza
03 Jun 2021. Actualizado a las 05:00 h.
Avoceira de CxG, María Xosé Alfonso, amósase moi crítica coa xestión levada a cabo polo PP.
-Que balance fai deste período de mandato?
-Este é o executivo da falta de diálogo con parte da oposición. Sería importante, por unha cuestión de transparencia, que os veciños soubesen en que consiste o pacto entre PP e PSOE que hai agora.
-A que se refire?
-A que o PP ignora por completo as propostas de colaboración que lle chegan de CxG e BNG. Chegamos ao pleno e atopámonos coa imposibilidade de colaborar porque xa traen todo acordado, como pasou co orzamento.
-Como ve o orzamento?
-Os informes de intervención son desfavorables, incluso apuntan a que sería impugnable porque os ingresos están inflados. Por exemplo, figuran os importes a percibir pola piscina como si estivera aberta todo o ano, cando debido á pandemia non foi así.