Secciones

Tu edición

Nesta luz de setembro

La Voz de Galicia

Baixo esta luz de setembro, cando a tarde vai declinando cun postremo reflexo de cobre. Mentres contemplas a agona desta luz cobriza, ascende o arrecendo do anoitecer dende os campos, as hortas e das rbores que bordean os milleiros que se espallan fronte do Museo do Gravado de Artes, a onde te achegaches para asistir sexta edicin de Barbantiarte, convocatoria que nesta ocasin conta coa presenza de 65 creadoras e creadores. Logo de mirar e admirar as obras colgadas nas paredes ou pousadas no chan ou colocadas sobre algunha clase de soporte, afstaste da sala da exposicin para buscar fra o frescor dun aire que poida acalmar a calor que te afogaba dentro.

Mentres falabas cun profesor coecido, de golpe, a efixie dun cabalo comezou a trotar e logo a brincar na ta cabeza. E case ao mesmo tempo, diste: Si. Es un namorado dos cabalos. Mesmo rememoras cancins inesquecibles que levan como ttulo o substantivo deses belos animais, que adoras: Si. E nese intre, ese outro parasito que sempre anda pegado ta pel, lmbrache: Ti nunca tiveches nin cabalo, nin egua. As , respndeslle. Mais de inmediato engades: Recrdote que si tiven un de pequeno. Trouxranmo os reis meigos. verdade que era de madeira, pero era o meu xoguete preferido. O foi ata que me fixen maior. Entn agocheino nun curruncho do cuberto. Daquel tempo, vn esta devocin e amor que agora sinto por eles.

Teads fallback - Discover inRead by Teads!

Pensando naquel rstico xoguete da infancia, lentamente foise abrindo na ta memoria a experiencia da ta ltima visita serra. Arrincaba o vern cando subiches cedo pola ma montaa. Queras descubrir as rutas que frecuentan os animais (vacas e cabalos, sobre todo). Estudar os seus comportamentos baixo un sol tan implacable como o que fai nesta estacin. Buscaches os lugares onde se xuntaban seguindo os sucos da auga e as pousadas cantigas dos regatos que anda non secaran. A media ma, pousouse enriba da meseta montaosa unha nube tan densa de insectos que non che permitiu continuar realizando a ta tarefa.

E entn, decidiches descender novamente ao val. tardia, regresaches outra vez ao cume da montaa.

Arroupados polas sombras que proxectaban os picos mis altos de poente, por onde o sol xa empezaba a precipitarse sobre o espello mario, os animais, sen parar de sacudirse as moscas, moscardos e demais bichos cos rabos, pastaban agrupados nas valgadas que se estenden ao redor da meseta central da serra. A pel dos cabalos suaba na tarde que se consuma lentamente. Aquel da criches que seras capaz de convivir sen problema entre os animais. Iso non sera nada novidoso, interrompeuche ese tabn que te zumba un da si e outro tamn nos ouvidos, pois sempre viviches entre eles, sentenciou. As , musitaches.

E un pouco despois, uns aplausos xunto cunhas notas musicais, espertronche e regresaches dentro, sala da exposicin. A presentacin conclua entre palmas. Baixaches as escaleiras e saches fra, ao espazo aberto. Ao sentir o abrazo profundo e fresco da noite, preguntaches mirando cara ao ceo: Por certo, podera un cabalo interpretar un cadro?.

Tags:
Ver Comentarios