La Voz de Galicia

Hambrela, aldea celta

Barbanza

Milagros Torrado Cespón

26 Sep 2008. Actualizado a las 02:00 h.

A Hambrela atópase no lugar de Sandrenzo, parroquia de Cespón, no concello de Boiro. Preto do lugar atopamos restos castrexos, sitos no Agro do Monte ou Monte dos Mouros, onde se comezou a desenvolver a vida da zona, podéndose observar a evolución dos seus habitantes ao longo dos séculos a medida que baixamos pola ladeira do monte, que comeza coa construción dos castros, segue co Medievo no Curral de Arriba, chega ao pazo dos Caamaño e remata en Vilariño, na estrada comarcal. A Hambrela situaríase entre o poboado castrexo principal e outro de menor tamaño nunha zona que permite a visión de todo o territorio circundante. Nun principio, este topónimo carecía da letra «h», pero engadíuselle por analoxía con palabras castelás como «hambre». Ten a súa orixe no sufixo de orixe celta «-briga», que significa altura ou fortaleza.


Comentar