La Voz de Galicia

Cábalas

Barbanza

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

DENDE FÓRA | O |

16 Dec 2004. Actualizado a las 06:00 h.

HOUBO UN tempo no que o BNG facía súa a teoría política que hoxe pon tan contento a Gaspar Llamazares, que considera un éxito da súa coalición que os electores lle arrincaran os dous ollos, xa que ao PP lle arrincaron un. Pero, ata hoxe, os nacionalistas foron madurando de tal xeito que no Senado, da man do ex alcalde de Allariz, votan o mesmo que os populares, seguindo a máxima de que «amiguiños (do PSOE) sí, pero a vaquiña (Plan Galicia) polos corenta reais». Unha ollada ao mapa político da zona amosa que, coas muletas socialistas, os nacionalistas gobernan dous concellos, Carnota e Boiro, do mesmo xeito que, coas mesmas próteses, os socialistas o fan en O Son e Muros, mentras que, os pobrenses cabreados polo Prestige e por Irak, acougáronse en Rosana Pérez. Se temos en conta que, por estes eidos, tamén houbo un tempo no que, igual que acontece hoxe co PP, os do puño e a rosa eran hexemónicos (caso paradigmático, Rianxo), cabe argüír que a deriva socialista vai en aumento, a pesares de que aínda hai quen pensa que, polo patinazo que supuxo o 14-M, ZP xa é como aquel Capitán Trueno dos tebeos. Hai unha frase do que foi presidente norteamericano David Eisenhower moi axeitada en política: «Todo o que nos irrita dos demais, pode levarnos a unha mellor comprensión de nós mesmos». Claro é que non todos a entenden.


Comentar