O cabeza de lista do BNG por Pontevedra comprométese co comercio local
Vilagarcía de Arousa
Luis Bará visitou onte a zapatería Yosu, en Vilagarcía, acompañado por Montse Prado
18 Jan 2024. Actualizado a las 05:00 h.
O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luis Bará, visitou onte a zapatería Yosu, no centro de Vilagarcía, para escenificar o apoio da súa formación ao pequeno comercio. O peche de cada local, din os nacionalistas, é «unha traxedia individual, pero tamén un drama para todo o país». Con el estivo a cambadesa Montserrat Prado, número dous do seu equipo.