Cores, nova responsable de saltos horizontais da F.G.A.
Vilagarcía de Arousa
Traballará man a man co no seu día atleta olímpico vigués David Gómez
28 Nov 2018. Actualizado a las 05:00 h.
A presidenta e adestradora da Agrupación Atlética Mazí, a vilagarciá Verónica Cores, vén de ser nomeada nova responsable do sector de saltos horizontais ?triplo e lonxitude- da Federación Galega de Atletismo. Un posto no que traballará man a man co no seu día atleta olímpico vigués David Gómez, encargado dos saltos verticais -altura e pértega-.
Desde a A.A. Mazí manifestaban onte a satisfacción do club por un nomeamento que, se subliña, supón «un recoñecemento a anos de traballo con centos de atletas e máis de 150 medallas autonómicas como adestradora». Currículo precedido na etapa de atleta de Cores por un título galego absoluto de triplo salto e un bronce na Liga de División de Honra por Equipos nas filas do Universidade de Santiago.