Valga prevé que a compostaxe estea implantada en marzo
Valga
O sistema de procesado de residuos abranguerá a toda a poboación do municipio
02 Dec 2020. Actualizado a las 05:00 h.
O plan Revitaliza da Deputación para a compostaxe de residuos está a ter en Valga un dos seus mellores valedores. Grazas a unha distribución exprés de composteiros individuais, con todo o seu equipamento, e da inminente inauguración do segundo centro de compostaxe comunitaria nas inmediacións da Casa do Concello, os responsables municipais agardan que o sistema estea plenamente implantado en marzo do ano vindeiro.
Con 5.900 habitantes, na súa meirande parte no eido rural, Valga calcula que a compostaxe dará cobertura á práctica totalidade da poboación.