Ana Abuín, campioa de España de pentatlón de lanzamentos de veteráns
Arousa
A ribadumiense estableceu unha nova marca galega
26 May 2021. Actualizado a las 05:00 h.
A atleta ribadumiense Ana Abuín volveu a pasada fin de semana da súa participación no Campionato de España de Veteráns en Sabadell coa medalla de ouro de pentatlón de lanzamentos. Fíxoo ademais fixando a mellor marca galega da especialidade, cunha puntuación de 2.911.
Abuín, que na actualidade compite polo Atletismo A Silva de Cerceda logo de ter formado parte anteriormente da Gimnástica de Pontevedra, conseguiu o mellor lanzamento de martelo na cita de Sabadell, cun rexistro de 11,04 metros.