La Voz de Galicia

Unha ducia de bateis arousáns van a polo Campionato Galego

Arousa

vilagarcía / la voz

O C.R. Vilaxoán é o equipo do Salnés con maior representación, nas dúas categorías alevíns, a xuvenil e a absoluta feminina, e a xuvenil masculina

20 Apr 2018. Actualizado a las 05:00 h.

Unha ducia de bateis aspirarán mañá na Pobra do Caramiñal a colocar o nome do remo arousán nas finais dominicais das nove categorías do Campionato Galego da modalidade. Rematando entre os dous primeiros da súa quenda, ou como mal menor, asinando o terceiro mellor tempo de ambas.

O C.R. Vilaxoán é o equipo do Salnés con maior representación, nas dúas categorías alevíns, a xuvenil e a absoluta feminina, e a xuvenil masculina. Mecos sairá en promesa e sénior feminina, e infantil e cadete. E Amegrove competirá en infantil, xuvenil e absoluta masculina.


Comentar