A festa da anguía de Ponte Sampaio cumpre este ano a súa edición número 14. O presidente da asociación de Naseiros Alvedosa, Antonio Álvarez Freijanes, asinou onte có alcalde de Pontevedra un convenio polo que o Concello achegará 10.000 euros para a súa organización.
-¿Cando é a festa?
-No primeiro fin de semana de xullo. Este ano, os días 4 e 5.
-¿Cantos quilos de anguía consumen?
-Entre 700 e 850. A ración de empanada véndese a 3 euros, e a 5 as racións de anguía guisada con fideos e ameixas, de anguía frita ou de anguía en escabeche.
-¿Cantos pescadores adícanse a anguía na enseada de San Simón e no fondo da ría de Vigo?
-Na asociación temos 32 socios, que vivimos deste produto. Pescamos entre 30.000 e 40.000 quilos por campaña, e o 95% expórtase a Portugal. É unha magoa que en Galicia non teña máis aceptación, pero as exportacións garanten que vendemos practicamente todo o produto e a un prezo bastante razoable. Cando comezou a asociación o prezo eran 800 pesetas o quilo. Hoxe temos fixado un prezo único de 9,80 euros mías ive.
-¿Din que a UE quere restrinxir a pesca de anguía?
-Porque en Alemaña e Holanda a esquilmaron. Aquí non sucede iso porque paramos 48 horas cada semana, pero se decretan un paro biolóxico vainos afectar seguro.