La Voz de Galicia

O Liceo presenta no Concello o proxecto da finca da Boulla

Arousa

01 Mar 2007. Actualizado a las 06:00 h.

? Liceo Casino de Vilagarcía segue adiante coa tramitación para construír as súas novas instalacións na finca de A Boulla a pesar de que o proxecto resulta afectado polo trazado do AVE. Segundo a última proposta do Ministerio de Fomento, as vías atravesarán en diagonal a finca, o cal fai inviable a obra, pero desde o Liceo confían en que se modifiquen estes plans. Entre tanto, o proxecto do complexo lúdico, social e deportivo entrou onte por rexistro no Concello da man do seu presidente, Álvaro Paz, co fin de iniciarse a tramitación para conseguir a licenza. Partindo dunha superficie de 18.000 metros cadrados o terreo divídese en catro áreas nas que haberá piscinas cuberta e exterior, solario e spa, polideportivo, pistas de tenis e padle e unha nova sede social. Asemblea esta noite Dos pasos dados e os que están por dar para facer realidade este proxecto, informará esta noite a directiva aos socios no transcurso da asemblea xeral ordinaria prevista para as 20.30 horas.


Comentar