La Voz de Galicia

Mariña Gueimunde explorou con Diego Calvo vías de colaboración coa Xunta para Viveiro

Viveiro

José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte, co conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e a concelleira Saray Ventura

A alcaldesa reuniuse co conselleiro de Presidencia e Xustiza

08 Sep 2025. Actualizado a las 18:54 h.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron este luns un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde. Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta de Galicia para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.

Da colaboración entre as administracións autonómica e local depende o avance de proxectos tan relevantes para o presente e o futuro do Concello como a variante de Viveiro, que estará incluída na VAC Costa Norte, ademais do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).


Comentar