La Voz de Galicia

Organizan a gala "Alfoz Solidario" para a loita contra o cancro na Finca Galea

Alfoz

ALFOZ / LA VOZ

Terá lugar o vindeiro día 9 de febreiro

23 Jan 2019. Actualizado a las 05:00 h.

O sábado 9 de febreiro na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc) baixo o lema “Alfoz Solidario”. O evento é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da AECC en Lugo, as cales veñen organizando as galas dos últimos dous anos.

O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Para colaborar con “Alfoz Solidario” poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á “Mesa Cero” para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir.

Nesta Mesa Cero existe a posibilidade de poñer nunha pantalla os nomes das persoas colaboradoras. Ademais, tamén poderán colaborar as empresas e locais comerciais que o desexen, aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala. Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización.


Comentar