Burela acollerá este venres o Cinefórum: curtas de cine de Cabo Verde, Mozambique e Guinea Bissau
A Mariña
Será ás 19 horas no salón de plenos do concello
20 Oct 2025. Actualizado a las 17:37 h.
Este venres 24 de outubro ás 19:00 horas, o salón de plenos da Casa do Concello de Burela acollerá o cinefórum “Olladas do Sur. Cinema en curto desde a África lusófona”, unha actividade promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración co Concello de Burela.
O evento consistirá na proxección de tres curtametraxes procedentes de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau, que abordan distintas temáticas vinculadas coa realidade destes países. Tras as proxeccións haberá un coloquio co público asistente, no que se reflexionará sobre os contidos e mensaxes das pezas audiovisuais.
“Olladas do Sur” ten como obxectivo dar a coñecer a realidade de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau e a súa relación con Galicia-