La Voz de Galicia

Museos na Mariña

A Mariña

Miguel Sande

08 Nov 2011. Actualizado a las 06:00 h.

emos un Museo do Mar que foi no seu momento pioneiro en Galicia. Unha gran idea, sen dúbida, tendo en conta a vinculación da xente do norte de Lugo co mar dende o principio dos tempos, como se adoita dicir. Esa gran idea, que como digo foi pioneira no seu momento, quedou só niso. Hoxendía está o Museo do Mar de Vigo que leva todo o protagonismo e as subvencións. Tamén está o Museo Naval. Entre un e o outro levan parte da historia do mar da Mariña. ¿Por qué nós non podemos ter e conservar aquí parte desa historia que é nosa ademáis? ¿Por qué non podemos enriquecer ese legado cultural da nosa propia historia para ir agrandando e ampliando os fondos do museo?

Agora están os arqueólogos contratados pola Xunta examinando os fondos mariños das nosas rías, do noso mar e parece que, como se supoñía, hai importantes achádegos que nun principio van ir parar ao Museo do Vigo. No Museo Naval, Militar, de Ferrol, hai pezas dos naufraxios que forman parte da nosa historia.

Ribadeo, tal como damos conta hoxe nestas páxinas, ofrece o forte de San Damián para acoller parte deses achádegos que se atopen na súa ría. Non discuto que deban quedar en Ribadeo ou no Museo do Mar de San Cibrao ou mesmo algúns outros en Viveiro, o que si compriría é que quedasen aquí, na nosa zona, para enriquecer os nosos fondos. Como esperamos, por exemplo, o museo de arte sacro en Viveiro. A cultura é riqueza, mesmo reclamo para o turismo.

T


Comentar