«Temos ganas de traballar e un comercio competitivo»
A Mariña
A presidenta da Aciam de Xove, recentemente retomada, destaca que en momentos de crise é bo unirse e facer cousas
26 May 2009. Actualizado a las 02:00 h.
Xove conta actualmente coa súa propia Asociación de Comerciantes Industriais e Autónomos, que preside Marta Louzao Gato.
-Hai nada que están aí.
-Un mes. A criatura está nacendo, aínda non botou a andar.
-E o comezo, ¿é difícil?
-Empezamos con moitas ganas ao principio, a xente está bastante volcada, na directiva a xente nova... A ver dentro dun ano, xa che contarei.
-¿É a primeira vez que se crea unha Aciam en Xove?
-Non, esta se retomou. Non sei os anos que levaba parada... dez quizais.
-Nese tempo todo mudou.
-Os tempos cambiaron moito e o comercio de xove aumentou, hai máis tendas. Na outra asociación xa había moitos socios. Por agora estamos empezando.
-Xusto nun momento delicado. A crise está aí.
-¡Vaia! A ver se por iso impulsamos algo máis. É bo facer cousas e que a xente saiba que estamos aquí, temos ganas de traballar e temos un comercio competitivo.
-¿Algunha iniciativa xa?
-A asociación aínda está case posta a andar. Vamos a facer un sorteo de verán. Se celebrará o sorteo o 30 de agosto coincidindo coas festas do pobo. Sortéanse tres premios: un primeiro ao balneario de Mondariz para dúas persoas unha fin de semana doado por Cesáreo Eijo, o segundo en metálico de 500 euros repartido en vales de 50 para gastar en comercios asociados e o terceiro é sorpresa. Según lles vaiamos dando os recibos nos comercios os clientes poñen os seus nomes nas papeletas. Os recibos non premiados se poñerán nun buzón e se escollerá a gañadora. É un premio doado por A Roda. Aínda teñen unha terceira oportunidade. Empezaremos a repartir as rifas, supoño que a primeiros de xuño. Temos preparadas 500 rifas. Somos 36 socios.
-Me chama a atención de Xove é o variado do comercio.
-Temos un pouquiño de todo e digo sempre que Xove está a cinco minutos de outros sitios, temos moitas vantaxes, é e hoxe é un pobo máis grande. Pequeniño e xeitoso.
-Coma unha vila rural e que depende, coma outras, de Alcoa, ¿non?
-A Mariña en xeral. Alcoa é unha empresa moi grande e dálle auxe a toda a Mariña en xeral. Claro que si, vivimos moito de Alcoa. Se nota cando un sector está en crise... Na Mariña penso que non é onde sexa máis onde se estea notando. Teño un salón de beleza e sigo traballando ao mesmo ritmo.
-Unha curiosidade, ¿son presumidos os xovenses?
-¡Si, moito! Hai 20 anos que abrín o negocio e si se notou. A xente estache moi posta. Demándanche as mesmas cousas que na capital. Xa coñecen de todo. Fago «micro» (pigmentar labios e cellas) e sorprendeume a resposta, para ben. A xente de Xove non se queda á zaga.