pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:ahome
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

A GRIPE ESPAÑOLA

Autor:
Eduardo Prieto Casares
Localidad:
Madrid
Fecha de publicación:

 A gripe española Antes foi a das vacas tolas; despois, a gripe aviar Made in China; agora, a gripe mexicana do porco, virus bautizado como AH1N1 con cepas da gripe aviar e mais do porco, dunha nova gripe máis contaxiosa cás anteriores por vir dun bichiño moi resabido, con memoria histórica. É o momento das vacas gordas das multinacionais para forrarse coa venta millonaria de máscaras, antipiréticos e, sobre todo, dos antivirus. A polas doses! cantas máis, mellor, porque o medo garda á galiña, non hai problema de cartos para os gobernos de occidente, porque faltos das salvadoras doses, aparecerían ós ollos dos votantes como inútiles figurantes de cartón. Logo virá a OMS co protocolo que é de seu a tapar e lexitima-lo negocio dos laboratorios. Cal vai se-la seguinte gripe? Mentres estamos na espera a que encube e aflore a temible gripe do peixe, un cóctel de virus mutantes, adaptados ó medio acuoso, que nos van chupa-la sangue e mais a linfa, deixándonos secos coma bacallaus. Digo que durante uns anos, na pel do touro ibérico haberemos de lidar, outra vez máis, coa Gripe Española, na que estamos parados, convalecentes en dique seco, nas fileiras do INEM: pandemia de máis de catro millóns de infectados polos ERES da crise bancaria, debida á especulación, que rematou explotando a vincha do conglomerado dun capitalismo desbocado, recibindo os de sempre, a metralla dos ladrillos escachados nos fociños, deixándolles a cara virada cara Albacete, aparvados, a velas vir: agora calados con medo no corpo pola praga da nova gripe. O goberno non sabe que receptar, non atopa vacina para erradicar esta crise do demo por ningures.Na Moncloa, sen alternativa, seguen en receptar aspirinas ou tranquilizantes. A crise segue teimosa, quedándose co pan e maila sal dos traballadores. Pero aínda nos queda, como última instancia, de acudir ás receitas de Rouco Varela da medicina alternativa, a mercar unha vela e por unha estampiña de San Judas Tadeo, que remedia ós pobres, premiando os décimos da Lotería dos cegos, pero, coida, que antes haberás de refrega-lo billete da caprichosa fortuna na chepa dun parado de larga duración nas portas da Almudena, tolleito por levar un mangado de anos tirado na beirarrúa, esperando, en balde, a que o goberno lle diga: levántate e anda! Mentres lle pides o milagre ó bo de Judas Tadeo, non te vaias a confundir co outro, O? Iscariote, que vendeu a Xesús ás barbas de Queifás cun bico traidor, ó tempo de mete-la man na bolsa dos talentos. Por estes lares, na década das vacas gordas de san Cemento, estiveron de moda as máscaras con bigotes para acocha-la cara dos Queifás da construción, que recorrían os despachos co portafolios da mordida porcentual. Mais isto acabouse, porque xa non sae liquidez polas billas dos bancos, e sen o líquido elemento non se poden amasar máis cementos nin amañar máis fortunas. Estámosche todos ben fodidos! Non si, Judas Tadeo? Te imploramos hagas uso del privilegio especial que se te ha concedido, de socorrernos pronto y visiblemente, cuando casi hemos perdido toda esperanza.?

 

ENVIAR NOTICIA  

A GRIPE ESPAÑOLA

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:ahome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:ahome
LVDG_PUBLICIDAD:11:ahome
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.