La Voz de Galicia

Do litixio da propiedade do santuario da Lanzada

Soutomaior

Avelino Ochoa O Grove

O párroco de San Vicente, Mareque, foi o único clérigo do Salnés escribiría sobre a importancia económica da ermida da Lanzada

07 Mar 2021. Actualizado a las 05:00 h.

Diciamos o domingo pasado que, en maio de 1692, Juan Antonio Trelles, párroco de Noalla, indo revestido en procesión desde a capela da Lanzada, botouse dela con espaventos antes de alcanzar o cruceiro do Leste da ponte, a berrar que, ca!, non daba permiso para entrar na súa freguesía. O cura do Grove contouno así: «por uno de los días de rogaziones del mes de mayo próximo pasado saliendo el retor del Grobe del Santuario con la ymagen de Nuestra Señora, Cruces e Insignias de su Parroquia y de la de Noalla y demás cercunvezinas y en compañía del querellado en procesión en la forma dicha y llegando al puente caminando para dicho crucero abisó Don Juan Antonio Trelles muy enfurescido y colérico crendo que no avía de pasar de dicho puente la procesión, llegar y dar vuelta a dicho crucero, con el pretesto de que estaba en los términos de su feligresía y efecto ynpidió que pasase obligando a que se bolviese con la procesión al Santuario causando en ello dicho querellado mucho escándalo y quitando y perturbando a mis partes en su derecho y posessión ynnmemorial por fuerça». O santuario da Virxe da Area da Lanzada tiña diversas advocacións: contra meigallos, socorro de mariñeiros ou protector da fecundidade, aparte de estar situado nun lugar feiticeiro. O párroco de San Vicente, Mareque, -un adiantado: foi o único clérigo do Salnés que posuía un manual técnico, de agricultura- escribiría sobre a importancia económica da ermida da Lanzada sinalando que acudían a ela máis de cen mil almas, o que supoñía un cuantioso legado en esmolas que a facían envexable. O cura de Noalla disfrazou tal arroutada de cobiza cun prurito de honor, afirmando que os curas «que han sido del Grobe jamás an entrado en la feligresía de mi parte con bestiduras sagradass pressidiendo con su cruz ni aser otro auto temporal ni espiritual asta el mayo del año pasado de nobenta y dos que debiendo contenerse con la procesión dentro de los límites de su feligresía que limita en el castillo y puente de piedra, no lo yço, antes pasó doce brazas adelante en la feligresía de mi parte con alba, estola y más bestiduras presidiendo con su cruz». Este foi o conflito: a procesión traspasara a ponte uns vinte metros porque o cura do Grove con indumentos sacros quería rodear o cruceiro do Leste, pero o de Noalla, cos mesmos atavíos, non deixou seguir e a comitiva recuou con estandartes, palios, roupaxes e solemnidades, para repregarse no illote. A Xunta e Rexemento do Grove e o cura Pantaleón Benavides Soutomaior, que compartían os ingresos do santuario, acudiron á Xustiza, pero non á da súa xurisdición natural, a eclesiástica, senón a de El-Rei, xa que os querelantes, desconfiados das influencias do de Noalla, recusaron aos tribunais de «Lançada, Villa Nueba de Aroza, Pontevedra, Portonobo, Cimes, Dorrón y Harmentera por ser casi todas de la dignidad arçobispal de Santiago y haber sido el dicho criado del muy reverendo padre arçobispo de dicha ciudad por cuyas causas tiene mi parte por odiosos y sospechosos los jueces, alcaldes y scrivanos de número de dichas jurisdicciones». E, polo si ou polo non e polo que estivese por chegar, por ese percorrido de vinte metros tiraron para A Coruña.


Comentar