La Voz de Galicia

Un tesouro

Baiona

CHRISTIAN CASARES

NA ÚLTIMA | O |

12 Sep 2005. Actualizado a las 07:00 h.

NA PRAIA da Ladeira, na ensenada de Baiona, apareceu hai uns quince anos cuberta de pequenas pedras negras, similares ao chapapote. Os nenos empregábanas para tirarllas ás gaivotas. Esto último alarmou a algúns rapaces da cidade, que se achegaron nerviosos ata o arenal. As pedras que os nenos guindaban eran en realidade restos de hachís procedentes dun cargamento botado pola borda a toda presa ao sur de Baiona. As descargas de droga na costa eran entón tan comúns que case ninguén se sorprendía. Os fardos fondeados acababan moitas veces na costa, donde os recollían veciños para transportalos ata os seus galpóns. Ao non atopalos no mar, os destinatarios dos paquetes simplemente ían casa por casa para recuperar o botín a cambio dunha pequena recompensa para os que o recolleran. Por iso o rescate dos galeóns de Rande soa agora algo tardío. É díficil imaxinar aos veciños da época resistíndose a valeirar as bodegas cheas de ouro e prata a só uns poucos metros de profundidade. Fálase sen embargo todavía de riquezas marabillosas a salvo no fondo do mar, mimadas pola lenda. Xa se sabe que os mellores tesouros son os que nunca aparecen. Só así poden continuar crecendo tanto como a ilusión dos seus buscadores por atopalos.


Comentar