La Voz de Galicia

A actriz Isabel Blanco, convidada en «Ata a cociña»

Televisión

05 Jul 2010. Actualizado a las 02:00 h.

gastronomía | 13.35

Novos convidados para o cociñeiro de V Televisión, Daniel Guzmán. Hoxe contará coa presenza da actriz Isabel Blanco. Con ela preparará unha caldeirada de potón e alcachofas.

Non faltarán as sección fixas do programa nas que Daniel Guzmán responde ás preguntas dos internautas e amosa pequenos trucos de cociña. Hoxe ensinará como facer que a carne asada quede crocante. Por último, vitaminas en forma de cóctel, e por suposto sen alcol. A proposta deste programa é un batido de froita tropical.


Comentar