A fala do Val de Xálima
Televisión
REC-CÁMARA | TVG | 21.00
19 May 2006. Actualizado a las 07:00 h.
Darán catro reportaxes sen desperdicio en Rec-Cámara. Escoitaremos a peculiar fala dos 5.000 veciños do Val de Xálima, ao noroeste de Cáceres. Atenderemos á polémica entre a Xunta, Pescanova e Muxía, co Cabo Touriñán polo medio e rodaballo ao fondo. Saberemos algo máis do pufo filatélico, e remataremos co contacontos lalinense Celso Fernández.