La Voz de Galicia

«É un exercicio de autoestima arredor da nosa lingua»

Televisión

14 Jul 2003. Actualizado a las 07:00 h.

O acordo da RAG permite «realizar un exercicio colectivo de autoestima arredor da nosa lingua, ver que somos capaces de poñernos de acordo». Así o entende Manuel Bragado, director de Edicións Xerais. Ademais de expresar a «enorme satisfacción» e felicitar a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua e a AS-PG, Bragado adianta o «compromiso dos editores de colaborar na posta en marcha dunha norma compartida por todos», unha vez que «expliciten o acordo». Entende Bragado que esta decisión supón «un relanzamento do galego» que chega precisamente nun momento moi necesario «para defender e frear este proceso de substitución da lingua galega».


Comentar