«O enigma de Embívicus», o libro máis vendido de Perozo
Televisión
Perozo neste seu libro sabe como servirnos un bo prato de cereixas para acompañalas en xogos con zume de pensamentos. El colócanos á par de Cali, o protagonista, o cal, en moito e en todo, invítanos ó seu embigo natural, para facelo espacio de desexos para moitas aventuras.
19 Mar 2002. Actualizado a las 06:00 h.
E velaí hoxe, xa que logo, un libro de tapas consistentes, por un euro ourado, cun agasallo dentro, todo agarimoso, de azucre caseño, tanto en palabras como en ilustracións e feito unha lambetada enorme, tal de como algodón por festas de pobo, para a conquista na súa lectura. Así logo vai Cali co seu proxecto de amor tamén connosco e así corremos polo seu traxecto na intuición do que será. Facémolo tamén da man e do brazo dos seus amigos por todo Embívicus. ¡Hai que vernos tallando ousadías con valentías, mocidade con solidariedade, amizades con amor, compañía con diálogo! Significados múltiples Collamos no texto deste libro para todas as idades - e con pretextos - as palabras de significados múltiples (non hai dúas iguais) para con elas tecer pensamentos e bordar coa nosa fantasía e maila nosa imaxinación uns sinais ourados de cultura, na literatura, propios do gozar dunha das mellores soidades, a lectura, conxugando niso os verbos saber e amar. Afirmémonos pois no desexo gozoso do extraordinario, avanzando páxina a páxina, viaxando, mirando e gustanto docemente do marabilloso do transparente. Por outra parte, sexamos felices de que nos permita unha imaxe chea de paisaxes, como un espello, na que nos ver para relelo. Uha vez máis, un libro, pola lectura activa, pode levarnos do cotián ó marabilloso. Diremos así que lelo, no exercício do pensamento, constitúe unha celebración para descubrir moitos olvidos e asemade poder gustar de moitos sabores que non sabiamos deles; pois os libros, amigos e amigas, tamén deben vivir nas casas coa mornura de quen os len e de quen os posúen. DAVID OTERO , animador á lectura e escritor