Sanxenxo bota unha ollada a «Os nosos oceános»
Somos Mar
A praza dos Barcos acolle ata o 12 de agosto unha gran exposición fotográfica sobre a biodiversidade mariña
23 Jul 2021. Actualizado a las 05:00 h.
Ata o vindeiro 12 de agosto, a praza dos Barcos de Sanxenxo acolle a exposición fotográfica Os nosos océanos, desenvolta por Afundación en colaboración co Concello e a Editorial Planeta. Comisariada por Joaquín Araújo, experto en medio ambiente e reputado ecoloxista, a mostra, que se enmarca no proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo, é unha ampla selección de fotografías «espectaculares da biodiversidade mariña: baleas yubartas, osos polares, peixes bolboreta, a quenlla peregrina ou unha colectividade de golfiños, poboan, entre outras moitas especies, as imaxes cheas de cor e vida da mostra».
Deste modo, a exposición configurase como unha gran invitación a reflexionar sobre o impacto da actividade humana sobre o medio natural, así «como sobre a necesidade perentoria de incorporar a sostibilidade á nosa forma de vida». A fin de contas, «todo o que coñecemos como vida non só procede dos océanos, senón que segue dependendo deles», destacan dedde a organización, ao tempo que remarcan que o obxectivo desta exhibición fotográgica é «espertar o recoñecemento de que os océanos son berce de incontables materias primas».
convivir».