La Voz de Galicia

O CCG analiza o día 23 en Santiago a galeguización da Igrexa

Santiago

Andrés Torres Queiruga, un dos participantes

A xornada tamén servirá de homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz

01 Apr 2024. Actualizado a las 04:55 h.

O Consello da Cultura Galega organiza o vindeiro día 23 pola tarda a xornada «Igrexa e lingua na Transición». Nela analizará os movementos e inciativas a prol da galeguización da Igrexa neste período. Ademais, a xornada servirá tamén como homenaxe á figura de Alfonso Zulueta de Haz cando se cumpre o centenario do seu nacemento. El tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego. A xornada, que ten o prazo de inscrición aberto, comezará coa intervención do seu coordinador, Silvestre Gómez Xurxo. Seguiranlle Xosé Fernández Lago, Lois Ferradás, Pilar Wirtz e Andrés Torres Queiruga.


Comentar