La Voz de Galicia

Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen a nove persoas no eido cultural e social o día 16 en Teo

Santiago

Mercedes Peón, Estíbaliz Espinosa e Tino Martínez son algúns dos galardoados

08 Jan 2023. Actualizado a las 04:55 h.

Día 16 • Auditorio Constante Liste de Teo • A segunda edición dos Premios Alfredo Iglesias, que recoñecen o labor cultural e o compromiso social, entregaranse o vindeiro luns 16 de xaneiro nun acto no Auditorio Constante Liste de Teo. Os premiados nesta segunda edición son Mercedes Peón (música), Luz Beloso (ilustración), Elena Ferro (artesanía), Estíbaliz Espinosa (escrita), Diana Nogueira (moda), Mamá Peixe (gastronomía), María Xosé Rodríguez (mellor locutora), o fotógrafo Tino Martínez (á traxectoria dunha vida) e o Programa Fogares (mellor iniciativa social).

 

 

Estes galardóns, que impulsou o teense Álex Regueiro en lembranza do creador ourensán Alfredo Iglesias, buscan profundar «nas traxectorias persoais e na relación que teñen co país as súas gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción», así como «o compromiso social».


Comentar