La Voz de Galicia

O fútbol profesional sobe ao escenario do Salón Teatro, en Santiago

Santiago

Este xoves estréase a nova coprodución do CDG e Ainé na que abordan a cara oculta deste deporte

29 Sep 2022. Actualizado a las 21:43 h.

O Centro Dramático Galego (CDG) abre este xoves a tempada coa estrea de «Recortes, caneos e outras formas de driblar», un espectáculo de gran formato no que se aborda o fútbol profesional e todo o que o rodea.

Esta coprodución da compañía pública galega e Ainé poderá verse no Salón Teatro ata o 23 de outubro de mércores a domingo. A peza está baseada na investigación que desenvolveu Nacho Carretero para o seu novo libro. Baixo a dirección de Tito Asorey, subirán ao escenario Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta.

Ata 23 de outubro • De mércores a domingo (o horario varía) • Salón Teatro • 10 euros (agás o domingo, 6 euros) •

 


Comentar