La Voz de Galicia

Amplían «Alba de Gloria» ata o 3 de marzo

Santiago

Dende a súa apertura, visitaron a mostra 5.587 persoas

08 Jan 2019. Actualizado a las 04:55 h.

A presidenta do Consello da Cultura Galega anunciou onte a ampliación un mes máis da mostra Alba de Gloria en Bonaval debido á demanda existente. Deste xeito, poderá verse ata o próximo 3 de marzo. Engadiu que xa están a traballar na itinerancia desta iniciativa. Dende a súa apertura o 7 de novembro ata o 4 de xaneiro pasaron a visitar a mostra 5.587 persoas, un 65 % galegas.

 


Comentar