La Voz de Galicia

As Irmandades e outros proxectos nacionais da época

Santiago

O Consello da Cultura inaugura hoxe o encontro, que terá continuidade mañá

18 Oct 2017. Actualizado a las 04:55 h.

O Consello da Cultura acollerá hoxe e mañá o segundo dos encontros sobre as Irmandades da Fala. Se o ano pasado se enmarcou este movemento no plano europeo, desta vez centrarase no espazo ibérico de entreguerras. O obxectivo é analizar as semellanzas e contrastes entre os diversos proxectos nacionais xurdidos hai un século e tamén a posición dalgúns intelectuais de referencia ante a cuestión nacional, tanto en España como en Portugal.

O congreso inaugurarase as 10 de mañá e, despois, intervirá o catedrático emérito de Historia Contemporánea Xusto Beramendi, que falará das Irmandades e as culturas políticas en Galicia. O resto de poñentes da xornada serán José Luis de la Granja, José Luis Villacañas, Jordi Gracia e Isabel Burdiel.


Comentar